Saltar ao contido

Cristino Mallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCristino Mallo
Biografía
Nacemento(es) Cristino Gómez González Editar o valor en Wikidata
23 de agosto de 1905 Editar o valor en Wikidata
Tui, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de xaneiro de 1989 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesCristino Mallo Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando (1923–1927)
Escola de Artes e Oficios de Avilés Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescultor, mestre, artista visual Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEscola de Arte A Palma (1966–1972)
Escola de Arte e Superior de CRBC Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoNovecentismo (pt) Traducir e Arte abstracta Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJosé Capuz (pt) Traducir, Mateo Inurria (pt) Traducir, Miguel Blay Fábregas (pt) Traducir, Miguel Ángel Trilles e Julio Vicent Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
1947, 1948, 1952, 1954Academia Breve de Crítica de Arte (en) Traducir
El Mono Azul (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
IrmánsMaruja Mallo Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1724709 BUSC: mallo-cristino-1905-1989


Monumento a Eugenio D'Ors, en Madrid, fronte ao Museo do Prado.

Cristino Gómez González, nado en Tui o 23 de agosto de 1905 e finado en Madrid o 11 de xaneiro de 1989, foi un escultor galego, coñecido artisticamente como Cristino Mallo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de artistas. Usou como nome artístico o segundo apelido do seu pai, Justo Gómez Mallo, ao igual cá súa irmá máis vella, a pintora Maruxa Mallo[1].

En 1923 foi a Madrid a estudar na Academia de Belas Artes de San Fernando, con José Capuz e Mateo Inurria. Acudiu, xunto coa súa irmá, que tamén estudaba na Academia, ás charlas da Granja del Henar, onde entrou en contacto con Rafael Alberti, Federico García Lorca e Ramón María del Valle Inclán. Durante a Ditadura de Primo de Rivera e a Segunda República frecuentou outras charlas artísticas e colaborou con prestixiosos intelectuais doutros ámbitos, realizando maquetas para os arquitectos Luis Lacasa Navarro, Manuel Sánchez Arcas e Agustín Aguirre (Xeración do 25) e figuras para a obra de Federico García Lorca Títeres de cachiporra, por encargo de María Teresa León.

Fonte de Los Delfines, na praza da República Arxentina de Madrid.

En 1931 estivo entre os asinantes do manifesto da Agrupación Gremial de Artistas Plásticos (-AGAP-). En 1933 gañou o Premio Nacional de Escultura coa obra Desnudo con pez. En 1935 obtivo praza de profesor na Escola de Artes e Oficios de Salamanca[2]. Durante a Guerra Civil Española implicouse no bando republicano, participando na Alianza de Intelectuais Antifascistas, para a que realiza carteis, e na revista El Mono Azul.

Terminada a guerra, mentres a súa irmá marchaba exiliada, el permaneceu en España no coñecido como "exilio interior", incluíndo unha estancia no cárcere[3]. Relacionouse cos artistas que renovaron a estética da posguerra (a denominada Escola de Madrid). Frecuentaba a charla do Café Gijón e acadou sona no ambiente artístico, participando no quinto Salón dos Once (1947) e expoñendo na galería Theo.

En 1954 volveu obter o Premio Nacional de Escultura con Muchacha caminando. En 1973 foi elixido Académico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, e en 1983 concedéuselle a Medalla de Ouro das Belas Artes.

Estilisticamente está relacionado co mediterraneísmo propio do novecentismo (influencia de Aristide Maillol, Manolo Hugué, das teorías estéticas de Eugenio D'Ors e de escultores italianos como Marino Marini ou Giacomo Manzù), incorporando algunhas das innovacións formais da escultura abstracta.

Realizou a súa obra en boa parte en formatos reducidos[4], se ben tamén realizou escultura de grandes dimensións para monumentos urbanos (Monumento a Eugenio D'Ors, Fuente de los Delfines -ambos os dous en Madrid-).

Trala súa morte, a súa familia depositou gran parte do seu legado na Fundación Eduardo Capa[5][6].

  1. Biografía Arquivado 08 de marzo de 2011 en Wayback Machine. en Fundación Mapfre (en castelán).
  2. Biografía Arquivado 10-06-2012 en Wayback Machine. en Artespain (en castelán).
  3. "Cristino Mallo: El intimismo escultórico" Arquivado 19 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., artigo en Taller Ediciones (en castelán).
  4. Necrolóxica en El País, por Fernando Huici, 13 de xaneiro de 1989 (en castelán).
  5. Ficha[Ligazón morta] na web da Fundación Capa.
  6. "La Fundación Capa muestra 180 obras del taller del escultor Cristino Mallo", artigo de Ezequiel Moltó en El país, 16 de marzo de 2003 (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]